Numerosos estudos indican que escoitar paisaxes sonoras naturais (especialmente mediante unha escoita consciente) ten un gran impacto positivo no noso benestar e, potencialmente, no noso respecto pola natureza. Con todo, estas paisaxes sonoras son cada vez máis escasas á medida que nós, os humanos, continuamos destruíndo os ecosistemas naturais que as xeran.
Aí é onde entra earth.fm: ademais de publicar novos sons da natureza a diario, axudamos activamente á comunidade para que a xente saia máis á natureza e descubra unha conexión máis profunda e directa coas marabillas que nos rodean, o que pode levar a un maior benestar a nivel tanto individual como colectivo.
O traballo de Azvai con Earth.fm
Azvai participou como entidade cofundadora de Earth.fm, participando no desenvolvemento da idea dende o comezo, tratando de buscar a mellor maneira de axudar a xente a reconectar coa natureza.
Lanzamos o proxecto non só por axudar á xente a mellorar o seu propio benestar psicolóxico, senón porque tamén cremos que unha poboación máis conectada co mundo natural estará máis preparada para tomar as accións necesarias para protexer e rexenerar o entorno que nos rodea.
- Ideación
- Estudo e debate sobre a ética das tecnoloxías utilizadas
- Búsqueda de financiación europea
- Desenvolvemento de tenda online
- Lanzamento e xestión do programa de becas “Earth.fm”
- Análise de datos web
- Rexistro da marca
- Rexistro como entidade sen ánimo de lucro
- Tesourería
- Contabilidade e legal
- Rexistro da entidade sen ánimo de lucro