Economía Circular das Redes de Pesca

2021 – Presente
Seychelles e Costa de Marfil

En 2021 identifícase un problema de acumulación de redes de pesca de buques cerqueiros descartadas no porto de Victoria, en Seychelles.

Nese momento, traballando para a consultora Sinerxia e coa colaboración da industria pesqueira e o goberno de Seychelles, fixemos un estudo seguindo a metodoloxía do pensamento sistémico para identificar as pancas do cambio máis efectivas para resolver este problema.

Esta visita, coa involucración e participación dos actores clave e o consecuente informe levaron a creación da empresa Brikole a comezos de 2022, que pronto comezaría a vender estas redes a recicladores internacionais, empregando a 6 traballadores a tempo completo, e acadando a rendibilidade financeira no primeiro ano.

Reciclar Redes de Pesca

Bureo é unha empresa que leva 10 anos especializándose no reciclado de redes de pesca, cunha planta de reciclado en Chile.

O éxito da iniciativa leva a Bureo a confiar en Azvai para axudar na expansión das súas operacións de reciclaxe.