O CompoSala é un clube de fútbol sala que nace trala desaparición do histórico clube da cidade o Santiago Futsal (anteriormente o Club Autos Lobelle de Santiago).
É unha iniciativa liderada por antigos xogadores do Santiago Futsal, que buscan o resurxir do fútbol sala nesta cidade, promovendo valores como a inclusividade e o respecto.

Dende a concepción da idea deste Clube, Azvai apoiou o proxecto facilitando consello estratéxico no referente a xestión do lanzamento, financiación, innovación, desenvolvemento web e implementación de tecnoloxías dixitais.